Caddo Hasí:nay | ||
---|---|---|
Falado en: | Estados Unidos | |
Rexións: | Oklahoma | |
Total de falantes: | 25 (1997) | |
Familia: | Caddo Caddo | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | cad | |
ISO 639-3: | cad
| |
Mapa | ||
Status | ||
O caddo é unha lingua indíxena americana, a lingua tradicional do pobo caddo.[2] É unha lingua en perigo crítico, sen falantes monolingües e só 25 falantes contabilizados no ano 1997, os cales adquiriron a lingua cando eran nenos fóra da ensinanza escolar.[3] O caddo ten varios dialectos mutuamente intelixibles. Os dialectos máis usados son hasinai e hainai; outros inclúen kadohadacho, natchitoches e yatasi.[4]